O impulso do rural, a principal suxerencia dos veciños de Chantada para a elaboración dos Orzamentos provinciais de 2015

•Máis de 100 persoas asistiron na Casa Sindical chantadina á asamblea convocada pola Deputación de Lugo co obxectivo de recoller as inquedanzas da cidadanía para elaborar os que serán os primeiros Orzamentos participativos do organismo provincial

O presidente da Deputación de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, acompañado pola deputada de Economía, Recadación e Facenda, Pilar García Porto, e polo deputado de Cooperación e Asistencia ós  Concellos, Álvaro Santos, duranta a xuntanza mantida coa veciñanza de Chantada o pasado 10 de xullo para a elaboración dos Orzamentos participativos 2015.  GPDL.
O presidente da Deputación de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, acompañado pola deputada de Economía, Recadación e Facenda, Pilar García Porto, e polo deputado de Cooperación e Asistencia ós Concellos, Álvaro Santos, duranta a xuntanza mantida coa veciñanza de Chantada o pasado 10 de xullo para a elaboración dos Orzamentos participativos 2015. GPDL.

• O pasado 10 de xullo, máis dun cento de persoas dos sete concellos do partido xudicial de Chantada encheron a Casa Sindical da vila do Asma para asistir á asamblea convocada pola Deputación de Lugo dentro do programa de encontros coa veciñanza para a elaboración dos Orzamentos participativos de 2015. Con estas reunións, que se están a celebrar dende finais do mes pasado por todo o territorio da provincia, os responsables da Deputación buscan recoller as propostas e opinións dos veciños para elaborar as contas do organismo provincial do vindeiro ano. Con esta iniciativa, a Deputación de Lugo sitúase como a primeira de España en poñer en marcha este novo modelo de elaboración dos Orzamentos públicos.

OS RESPONSABLES PROVINCIAIS EXPLICARON O POR QUÉ E PARA QUÉ DOS PRESUPOSTOS PARTICIPATIVOS
A asamblea estivo conducida polo presidente da Deputación de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro; a deputada de Economía, Recadación e Facenda, Pilar García Porto; e o deputado de Cooperación e Asistencia ós Concellos, Álvaro Santos. Os responsables provinciais iniciaron o encontro explicando ós asistentes en qué consisten os Presupostos participativos, qué obxectivos persiguen, e como é o procedemento que está a seguir a Deputación de Lugo para a súa elaboración.
A continuación, Gómez Besteiro explicou ós participantes cómo cumplimentar as fichas nas que os veciños, ó remate da asamblea, puideron deixar constancia das súas inquedanzas, suxerencias e opinións sobre o que consideran prioritario para ser incluído nos Orzamentos participativos. O mandatario provincial tamén expuxo a estructura dos Presupostos da Deputación, ademais dun balance dos investimentos realizados por esta institución nos municipios do partido xudicial de Chantada. Gómez Besteiro fixo fincapé no pago de 11 millóns de euros correspondentes ó canon hidroeléctrico, e dos que case 5 millóns foron investidos en diversas infraestruturas do municipio de Chantada, como o Auditorio ou a ampliación do polígono industrial.

A VECIÑANZA TOMOU A PALABRA PARA AMOSAR AS SÚAS PREOCUPACIÓNS
Trala exposición inicial a cargo dos responsables provinciais, tivo lugar a intervención da veciñanza, que expresou as principais preocupacións e necesidades que detectan nos territorios de Chantada, Taboada, Carballedo, Monterroso, Antas de Ulla, Palas de Rei e Portomarín. O eixo principal da vintena de intervencións dos veciños nesta asamblea xirou en torno á necesidade de apoiar ó medio rural a través da creación de emprego, sobre todo xuvenil, e de políticas económicas que faciliten o máximo posible o empredemento de novas actividades empresariais. Ós veciños e veciñas das terras de Chantada preocúpalles especialmente o despoboamento do rural, a gran consecuencia da falta de oportunidades para a xuventude.

O APOIO E IMPULSO DO RURAL, PRINCIPAL DEMANDA DOS VECIÑOS E OBXECTIVO CENTRAL DA DEPUTACIÓN
Neste sentido, os responsables municipais destacaron as iniciativas que a Deputación de Lugo está a emprender dende 2007 para apoiar ó rural e loitar contra o despoboamento. O mandatario provincial fixo referencia á construción do primeiro centro público de recría de gando en España na Granxa Gayoso Castro, á plan de emprego Fórmate en Verde para fomentar as explotacións de gandería e agricultura ecolóxica, e a xestión forestal sostible, ou á construción dunha rede de pequenas residencias e centros de día públicos no rural.
Os veciños tamén aludiron ó funcionamento do servizo provincial de catamarán, para «melloralo e modernizalo». Ademais, fixeron chegar suxerencias referidas a infraestruturas de proximidade, como a eliminación de barreiras arquitectónicas, sobre todo na vila de Chantada, e o arranxo de infraestruturas viais como a estrada de Chantada a Antas. Tamén solicitaron eliminar unha curva da estrada que pasa xunto ó campo de fútbol de Chantada, continuar coa mellora da de Alto Valiño a Valdeporrás, e arranxar varias pistas, tamén en Portomarín.

INQUIETUDE SOBRE AS CONSECUENCIAS DA NOVA LEI DE MONTES PARA A XESTIÓN COMUNAL
Asimesmo, a xuntanza de Chantada amosou unha preocupación similar á recollida nas asambleas celebradas na Fonsagrada e Viveiro, en torno ás dificultades que a nova Lei de Montes suporá para a xestión dos montes comunais. Neste sentido, o deputado de Cooperación e Asistencia ós Concellos, Álvaro Santos, afirmou ser consciente da gravidade desta situación, e transmitiu a vontade da institución provincial de tratar de «botar unha man á xente ofrecéndolle asesoría gratuíta».

AXUDAS A COLECTIVOS CULTURAIS E PARA PEQUENAS INFRAESTRUTURAS
Por outra banda, os asistentes demandaron máis axudas para os colectivos culturais en xeral, e especialmente para os corais. Ademais, interesáronse polos prazos para completar o equipamento do Auditorio, ó que o presidente da Deputación respondeu que estará completado despois do verán. Asimesmo, a veciñanza preguntou sobre as axudas para ampliar traídas de auga ou acondicionar un aparcadoiro público. O deputado de Cooperación cos concellos explicoulles que a liña de axudas destinadas para este tipo de infraestruturas está aberta a novas solicitudes ata o 2 de agosto, e invitou ós veciños a solicitalas.
O encontro celebrado en Chantada deu lugar a que algúns asistentes á asamblea expresaran os seus parabéns á Deputación lucense por esta iniciativa, «xa que por primeira vez se deixa falar á xente de a pé, algo que ata o de agora non se permitira”.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Sarria disfrutou coa espectacular elegancia da competición hípica

Seguinte Nova

O Club de Billar Templarios remata a temporada engadindo media ducia de medallas ó seu palmarés

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: