Crónica del sur de Lugo

Diomondi, á espera de axudas

Aspecto actual da igrexa de Diomondi tralo derrubamento. SN

O Arzobispado pide a colaboración da Xunta

•A finais do pasado ano, a fachada do antigo pazo episcopal anexo á igrexa de Diomondi sufriu grandes danos causados polo derrubamento do templo; unha situación que ademais puxo en perigo á propia igrexa e á casa reitoral. O deterioro sufrido por mor do paso do tempo, xunto cunhas obras de reparación iniciadas este ano na cuberta e que coincidiron coa caída de abundantes precipitacións, apuntan a ser as causas principais do derrubamento. Despois disto, o Arzobispado lucense solicitou a intervención das administracións. Finalmente, técnicos de Patrimonio acudiron a O Saviñao para comprobar o alcance dos danos e avaliar a situación. Segundo indicou Miguel Gómez, delegado episcopal de obras do patrimonio histórico da Diócese de Lugo, “acometéronse as obras de urxencia para previr que se viñera abaixo; en concreto fíxose un apeo interior e exterior dos muros e do teito; mentres tanto o arquitecto está agora redactando o proxecto de reconstrución e conservación do muro que caeu, e ao mesmo tempo seguimos esperando a ver si a Xunta de Galicia colabora”. En relación á estimación de a canto poden ascender os danos, Gómez asegurou que de momento hai que esperar ao proxecto do arquitecto para facer unha valoración. “Non sei nin a canto ascenden as medidas de urxencia porque tivemos que actuar sen ter en conta os números”, engadiu o delegado episcopal.

Tags:

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre CULTURA

     
Ir a Inicio