Crónica del sur de Lugo

Presentada a nova edición da guía turística de Sober

•Este material promocional estará dispoñible de cara ó verán no propio Concello e nas oficinas de turismo de toda a Comarca

Imaxe da portada da nova edición da Guía Turística de Sober, editada polo Concello.(Foto cedida).
Imaxe da portada da nova edición da Guía Turística de Sober, editada polo Concello.(Foto cedida).

• A mediados do mes de xuño, o Concello de Sober deu a coñecer a nova edición da Guía Turística de Sober, unha publicación de carácter promocional e informativo destinada a todo o público interesado en coñecer os principais atractivos deste municipio.

PRIMEIRA TIRADA DE 5.000 EXEMPLARES
O Concello de Sober encargou unha primeira edición de 5.000 exemplares desta Guía, que estará dispoñible na propia Casa Consistorial, na oficina de Turismo de Sober, e nas oficinas de Información Turística de toda a Comarca de Lemos.

REFERENCIA Á OLERÍA DE GUNDIVÓS, UNHA DAS CATRO OLERÍAS TRADICIONAIS QUE SEGUEN VIVAS EN GALICIA
A publicación fai referencia ós principais eventos celebrados neste municipio, como a Feira do Viño de Amandi, a Feira da Rosca ou a Romería de Cadeiras. Ademais dos fitos festivos, a Guía Turística contén unha referencia á historia da olería de Gundivós, unha das catro olerías tradicionais que se manteñen vivas en Galicia.

INFORMACIÓN SOBRE AS OITO RUTAS DE SENDEIRISMO DE SOBER
A natureza e as súas posibilidades tamén teñen o seu oco nesta publicación, que inclúe unha referencia ás oito rutas de sendeirismo que percorren o término municipal: a ruta dos miradoiros, a Aba Sacra, a Doade-Augasmestas, a Sur do Camiño a Santiago, a dos viñedos da Ribeira Sacra, a do románico rural, a dos muíños do Xábrega e a ruta da viticultura heroica. A Guía ofrece indicacións técnicas sobre a lonxitude, duración e grao de dificultade de cada un destes oito itinerarios.

GUÍA DE RESTAURACIÓN E ALOXAMENTO
O visitante que consulte a nova Guía Turística de Sober atopará nela toda a información precisa para sacarlle o máximo rendemento á súa estancia. Unha detallada relación dos restaurantes, aloxamentos, mesóns e cantinas do municipio informarán ó viaxeiro de todas as posibilidades gastronómicas e hoteleiras, acompañadas dun directorio cos teléfonos de interés prático.

MAPA COS PUNTOS DE INTERÉS TURÍSTICO
Por último, a Guía Turística inclúe un mapa coa localización das 36 adegas emplazadas en Sober, así como dos miradoiros, os embarcadoiros, os castros, os petroglifos, a olería de Gundivós e o románico rural.•

Tags:

2 Comments

  1. Comic Sans como tipografía para la portada, en serio? Pero quien ha realizado este folleto? Quien?
    Miedo me da ver el interior …. se trata de atraer turistas no de ayuentarlos!

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre PORTADA

Ir a Inicio