O Concello de Sober adxudicou recentemente obras por importe de 121.500 euros a cinco empresas locais. Por unha banda, a humanización da praza do lugar de O Rivas, da de Vilela e de Casares foron adxudicadas a tres empresas por importe de 50.000 euros, en colaboración co GDR Ribeira Sacra.
Por outra banda, as obras de acondicionamento e ordenación do territorio de Portizó, en Anllo, foron adxudicadas a outra empresa por 7.500 euros, con cargo ó Fondo de Compensación Ambiental 2013. Ademais, dentro do POS 2013 adxudicáronse as obras de abastecemento de auga a Bertonia, Castaxua e O Campo, por 32.000 euros, e a mesma empresa acometerá a segunda fase do saneamento de Millán por idéntico importe, dentro do POS 2014.•
Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS
O presidente, José Tomé Roca, comprobou o avance dos traballos na LU-P-0901 entre os quilómetros 8,3
A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou un novo investimento que supera os 800.000€
O alcalde de Monforte, José Tomé Roca, vén de presentar nunha rolda de prensa o anteproxecto
A Xunta de Galicia anunciou que, nas próximas semanas, iniciarán as obras de restauración do claustro