A Deputación de Lugo, pioneira en solicitar o dominio .gal

• O 2 de xuño abríase o prazo para formalizar as solicitudes de uso do dominio .gal para institucións, e a Deputación de Lugo rexistrou ese mesmo día a súa inscrición dentro do programa Pioneiros, que acollerá ós primeiros 90 dominios de administracións públicas, empresas e entidades sen ánimo de lucro. Unha vez que esta solicitude sexa admitida e aprobada pola Asociación Puntogal, entidade encargada de avaliar as candidaturas presentadas, a web da institución provincial pasará a ser www.deputacionlugo.gal.
Os requisitos esixidos pola Asociación Puntogal para autorizar o uso do dominio .gal destacan os de empregar a lingua galega nas súas comunicacións en liña; promover os diferentes aspectos da cultura galega na rede e dirixir especificamente á comunidade galega as súas comunicacións e servizos.
Os expertos sinalan como vantaxes do uso deste dominio .gal o retorno económico directo que suporá, xa que os produtores ou comercializadores de produtos galegos contarán cun plus de posicionamento de mercado. Ademais, funcionará como factor de cohesión que incrementa o sentimento de pertenza a unha comunidade. Asimesmo, favorece a normalización lingüística, ó dar máis visibilidade na rede á lingua galega; e mellora o desenvolvemento da Internet galega, facilitando o labor dos buscadores para as consultas que se realicen en galego ou sobre Galicia.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Cómo gastar 1.000 euros en 90 minutos por Sarria

Seguinte Nova

O congreso #Inlugo14 consolídase como referente galego da cultura dixital

Últimas noticias sobre INICIATIVAS

A %d blogueros les gusta esto: