Presentado o libro de rutas xacobeas en Lugo

Unha imaxe dos asistentes á presentación do libro en Monforte. EC

• Monforte acolleu a presentación do libro “Rutas a Santiago en la Provincia de Lugo”, editada pola Deputación Provincial. Esta é a primeira publicación en Galicia que recolle todos os Camiños que atravesan a provincia: Norte, Primitivo, Francés e o de Inverno, malia non estar este último recoñecido oficialmente pola Xunta de Galicia. A Deputación de Lugo e a Asociación Camiños a Santiago pola Ribeira Sacra levan anos traballando conxuntamente no seu impulso. Deste xeito, Km0 a Compostela marca xa as rutas de Inverno. Con esta suma de esforzos, logrouse que o Goberno galego incluíse este Camiño na páxina web do Xacobeo. Máis recentemente, logo da edición desta publicación por parte da Deputación, un dos departamentos da Xunta, concretamente a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, recoñeceu o “interese cultural” deste itinerario. Na presentación do libro participaron o presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, e a coautora do libro, Aida Menéndez. Ambos aproveitaron este evento para instar ao Executivo galego á oficialización deste roteiro. “Rutas a Santiago en la Provincia de Lugo” contén preto de 300 fotografías que amosan o patrimonio turístico e artístico dos 33 concellos polos que transcorren os Camiños, e unha completa descrición dos itinerarios secundarios de gran interese medioambiental e patrimonial.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Besteiro supervisa as obras de acceso ao polígono do Reboredo

Seguinte Nova

O CCU pide ao Concello a aplicación de varias medidas

Últimas noticias sobre CULTURA

A %d blogueros les gusta esto: