Os Bolechas presentaron en Sober o seu volume ambientado nas terras do Amandi

•Os famosos personaxes da literatura galega infantil visitaron a capitalidade soberina •O creador dos Bolechas, Pepe Carreiro, asinou exemplares da guía turística “Os Bolechas van a Sober”

Os Bolechas animaron a xornada do 5 de abril ós máis cativos de Sober, que tiveron a ocasión de bailar e xogar cos famosos personaxes da literatura galega infantil.  (Foto cedida).
Os Bolechas animaron a xornada do 5 de abril ós máis cativos de Sober, que tiveron a ocasión de bailar e xogar cos famosos personaxes da literatura galega infantil. (Foto cedida).

Na mañá do sábado 5 de abril, os Bolechas, famosos personaxes da literatura galega infantil creados por Pepe Carreiro, visitaron Sober para presentar a guía turística “Os Bolechas van a Sober”, dentro dos actos do Mes de Amandi que organiza o Concello de Sober como paso previo á Feira do Viño. Preto dun centenar de nenos e nenas disfrutaron dunha xornada festiva cos Bolechas, e recibiron un exemplar desta publicación. “Os Bolechas van a Sober” fai un percorrido polos lugares máis emblemáticos e referentes turísticos deste Concello, a través dunha excursión dos Bolechas. Coñecen os canóns do Sil, os viñedos de Amandi, a olería de Gundivós e os petroglifos de Proendos, entre outros.•

Foto de grupo dos Bolechas cos nenos de Sober diante do Concello. (Foto cedida).
Foto de grupo dos Bolechas cos nenos de Sober diante do Concello. (Foto cedida).

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O Centro do Viño de Monforte cumple cinco anos

Seguinte Nova

A Biblioteca de Monforte, punto de encontro dos máis cativos

Últimas noticias sobre CULTURA

A %d blogueros les gusta esto: