Cultura investirá nos arranxos das pinturas de Santa Mª de Nogueira e da estrutura do santuario de Cadeiras

Conservación do patrimonio monumental da Ribeira Sacra

Na imaxe de arquivo, visita do conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Jesús Vázquez Abad, á igrexa chantadina de Santa María de Nogueira, o pasado mes de outubro.  Arquivo EC.
Na imaxe de arquivo, visita do conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Jesús Vázquez Abad, á igrexa chantadina de Santa María de Nogueira, o pasado mes de outubro. Arquivo EC.

A consellería de Cultura anunciou as partidas económicas que destinará para os arranxos en diversos bens históricos da provincia de Lugo. Entre estas actuacións está o arranxo das pinturas da igrexa chantadina de Santa María de Nogueira, e a recuperación da cuberta do santuario da Virxe de Cadeiras, en Sober. A dotación final destinada a estas dúas obras ascende a 239.100 euros.

198.000 EUROS PARA OS ARRANXOS NO SANTUARIO DE CADEIRAS, EN SOBER

Por unha banda, a Consellería de Cultura e Educación investirá 198.000 euros na restauración da cuberta do Santuario da Virxe de Cadeiras, en Sober. Según informaron dende a consellería, o proxecto, que foi encargado e financiado pola Dirección Xeral do Patrimonio Cultural, prevé a construción dunha estrutura tradicional de madeira e a instalación dunha cubrición de tella, respectando a actuación provisional feita hai anos para a posta en uso do edificio. A consellería vén de licitar estas obras no santuario de Cadeiras a comezos de abril, e se prevé que poidan iniciarse este verán, cando as condicións climatolóxicas permitan a súa execución.

41.100 EUROS PARA OS TRABALLOS DE RESTAURACIÓN DAS PINTURAS MURAIS DE SANTA MARÍA DE NOGUEIRA

Outra das intervencións que a Consellería de Cultura executarán proximamente é a restauración das pinturas murais da igrexa de Santa María de Nogueira de Miño, en Chantada, onde se investirán 41.100 euros. Según suliñaron os responsables autonómicos, as actuacións propostas inclúen en primeiro lugar unha elaboración de mapas de estado de conservación, a realización de controis temporais de temperatura e humidade, e a limpeza da superficie e a aplicación de tratamentos contra o biodeterioro. A continuación, eliminaranse as proteccións existentes que hai sobre os morteiros e elementos metálicos alleos á obra. Por último, consolidarase o soporte fixando os estratos de polícromos, repoñeranse os morteiros respectando as marcas de antigas monteas e reintegrarase a policromía.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

ALERTAN DO POSIBLE DETERIORO DO DOLMEN DE ABUIME POLAS CHUVIAS DESTE INVERNO

Seguinte Nova

O Centro do Viño de Monforte cumple cinco anos

Últimas noticias sobre CULTURA

A %d blogueros les gusta esto: