ALERTAN DO POSIBLE DETERIORO DO DOLMEN DE ABUIME POLAS CHUVIAS DESTE INVERNO

Imaxe de arquivo dunha celebración no entorno do dolmen de Abuime, organizada pola Asociación Veciñal de O Saviñao. (Arquivo EC).
Imaxe de arquivo dunha celebración no entorno do dolmen de Abuime, organizada pola Asociación Veciñal de O Saviñao. (Arquivo EC).

A finais do mes de marzo, a Asociación Veciñal de O Saviñao emitiu un escrito dirixido á Dirección Provincial do Patrimonio Cultural de Lugo, para dar conta do posible deterioro do dolmen de Abuime, que “dende hai algún tempo” perdeu a súa verticalidade. Dende o colectivo veciñal, “a inclinación e cabeceo da citada pedra cara o interior do monumento” acentouse no último mes, o que explican polo reblandecemento do terreo debido ás chuvias deste inverno. A Asociación Veciñal de O Saviñao solicita unha “actuación urxente” de Patrimonio para evitar “o abatemento total e caída” desta peza.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O volume de viaxeiros aumentou un 9,1% na Ribeira Sacra en 2013

Seguinte Nova

Cultura investirá nos arranxos das pinturas de Santa Mª de Nogueira e da estrutura do santuario de Cadeiras

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: