Crónica del sur de Lugo

Category archive

EMPREGO - page 2

As viñas de Sober convertíronse nunha aula ao aire libre

Alumnos do IES O Ribeiro desenvolveron unha sesión prática de viticultura na viña experimental dos Chancís, de xestión municipal, o 6 de xuño. A sesión, que se desenvolveu en virtude dun convenio entre o Concello de Sober e o IES O Ribeiro, centrouse nos inxertos en verde.Os profesores e o alumnado participante valorou a posibilidade… Leer más

As cooperativas integradas en Aira planean fusionarse

•As vendas e servizos conxuntos destas seis cooperativas acadan unha cifra de negocio de 93 millóns de euros • O pasado 8 de xuño, os representantes das cooperativas Agris, Icos, Cogasar, Coelplan e Leira, xunto coa cooperativa e fábrica de pensos Aira da que forman parte, acordaron promover  a súa fusión nunha única cooperativa de… Leer más

Ata o 15 de xuño para inscribirse nos 3 novos cursos do LugoWork

•O programa provincial ofrece formación e emprego a lucenses no paro menores de 30 anos •Esta nova quenda dispón de 45 prazas • A Deputación de Lugo ten aberto ata o 15 de xuño o prazo para presentar as solicitudes aos novos cursos do LugoWork, o primeiro plan de emprego xuvenil participativo da provincia. Este… Leer más

A Deputación investiu en Sarria 700.000 euros para mellorar os servizos

•O presidente do organismo provincial fixo balance das partidas destinadas ás prestacións públicas en Sarria no orzamento de 2016 • O pasado 6 de xuño, o presidente da Deputación de Lugo, Darío Campos Conde, achegouse a Sarria para facer un balance dos investimentos realizados polo organismo provincial na vila xacobea. Campos Conde lembrou que a… Leer más

A Xunta impulsará un programa de especialización para formar a 2.500 mozos do rural en concellos sen centros homologados

•Os cursos desenvolveranse “á porta”, a través de centros móbiles ou en espazos municipais habilitados provisionalmente •Os participantes recibirán o certificado de profesionalidade homologado • O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, anunciou a mediados deste mes a posta en marcha dun programa para impulsar a especialización profesional de 2.500 mozos e mozas… Leer más

Lugo, a provincia con máis proxectos na primeira convocatoria do Plan Leader

• Do total de 800 solicitudes presentadas polos 24 GDR nos dous primeiros meses do Plan, 261 proceden de Grupos de Desenvolvemento Rural lucenses • A comezos de maio, a conselleira de Medio Rural, Ángeles Vázquez, mantivo unha reunión coas directivas dos 24 Grupos de Desenvolvemento Rural (GDR) de Galicia, na que deu conta das… Leer más

O conselleiro de Economía destacou en Pantón o papel decisivo dos emprendedores

• O pasado 8 de maio, o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, achegouse a Pantón para clausurar unha xornada informativa destinada a emprendedores da comarca de Lemos. Conde salientou o seu papel decisivo no crecemento e fortalecemento da economía galega. Neste sentido, o conselleiro lembrou “os bos datos” da economía lucense, que… Leer más

Ir a Inicio