Crónica del sur de Lugo

Category archive

POLÍTICA LOCAL - page 3

O GDR Ribeira Sacra-Courel leva concedido preto de un millón en axudas

•O organismo supramunicipal con sede en Bóveda ten aprobados 38 proxectos •No conxunto da provincia, os seis Grupos de Desenvolvemento Rural subvencionaron 112 proxectos con axudas de 5,1 millóns • A finais do mes pasado, tivo lugar na capitalidade provincial a reunión dos responsables dos Grupos de Desenvolvemento Rural (GDR) de Lugo, para facer balance… Leer más

Campos Conde propón un orzamento provincial para 2018 de case 79,5 millóns

•Esta proposta supón 1 millón menos que en 2017, “polos recortes nas aportacións do Estado” •Emprego, servizos sociais e infraestruturas son os eixos destas contas • O último Pleno provincial do 2017 adiántase unha semana para debatir a proposta orzamentaria que o presidente da Deputación, Darío Campos Conde, elaborou de cara ao vindeiro ano. Segundo… Leer más

Novos investimentos provinciais no sur de Lugo

•A Deputación vén de aprobar melloras en  dotacións de Monforte e Quiroga • A Deputación de Lugo vén de aprobar investimentos en dotacións rurais de 8 concellos, por un importe total de 163.000 euros. En concreto, para o sur de Lugo serán dúas as partidas desta quenda, aprobadas na Xunta de Goberno do organismo provincial… Leer más

Chantada terá un tractor para a roza financiado pola Xunta

•No sur de Lugo, a medida beneficiará tamén a Carballedo, O Incio e O Saviñao • A Consellería de Medio Rural vén de suscribir un convenio para dotar a 35 concellos galegos de cadanseu tractor de roza. O departamento autonómico destina 3,1 millóns de euros a este convenio, que no sur de Lugo beneficiará aos… Leer más

Chantada, Monforte e Sarria recibiron un novo equipo de emerxencias

• R.-MONFORTE. A Xunta vén de entregar este mes novos equipos de emerxencias a sete concellos lucenses, entre eles Chantada, Monforte de Lemos e Sarria. En concreto, entregáronse un total de cinco remolques de emerxencias, un baúl de salvamento e un equipo de excarceración, nos que a Xunta investiu máis de 128.000 euros.• Leer más

Inaugurado o novo local social da parroquia monfortina de Sindrán

• O pasado 21 de outubro, tivo lugar a inauguración do novo local social da parroquia de Sindrán, no municipio de Monforte de Lemos. O edificio, situado no lugar de Eirexe, conta cunha superficie de 114 metros cadrados, dos que algo máis de 78 corresponden á sala de reunións. Os restantes 18 metros inclúen o… Leer más

Pantón participa no obradoiro conxunto “Baliño” con Sober e O Saviñao

• Un total de 15 mozos e mozas desempregados e menores de 30 anos están a participar no obradoiro de emprego “Baliño”, que comparten os concellos de Pantón, Sober e O Saviñao. A finais de outubro, os alumnos mantiveron en Ferreira un encontro co delegado da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, acompañado dos alcaldes… Leer más

Ir a Inicio