Crónica del sur de Lugo

Author

Redacción

Redacción has 5153 articles published.

Curso de defensa persoal feminina no IES Xograr Afonso de Sarria

Máis de trinta estudantes e profesoras do IES Xograr Afonso participaron no curso de defensa persoal feminina, que o instituto organizou nas súas instalacións o 23 de abril. Á fronte da actividade estivo Alberto Rincón, cinturón negro 3º Dan e membro do Club de Defensa Personal Policial (DEPERPOL) de Sarria. As participantes aprenderon de xeito… Leer más

A Asociación Camiños a Santiago pola Ribeira Sacra cumpriu 20 anos

A defensa da identidade xacobea da Ribeira Sacra cumpriu dúas décadas. O 27 de abril, a Asociación Camiños a Santiago pola Ribeira Sacra celebrou o seu 20º aniversario coa presenza do conselleiro de Economía, Francisco Conde, e o titular de Cultura, Román Rodríguez. Os responsables autonómicos acompañaron á presidenta da Asociación, Aida Menéndez, no percorrido… Leer más

Curtametraxe sobre memoria histórica, e arte creada por médicos da Ribeira Sacra, encheron a axenda do Círculo Saviñao

O 4 de maio, o Círculo Saviñao acolleu a proxección da curtametraxe “Narote”, producida pola asociación Airoá- Comunicación en colaboración con Pinancho Audiovisuais. A peza amosa a vida de Antonio Nieves Ferreiro, escaironés xa centenario, que participou na Revolución de Asturias en 1934, e estivo escapado durante a Guerra Civil ata que foi detido. O… Leer más

Galicia estreará a súa primeira Lei de Rehabilitación o 22 de maio

•Ademais de loitar contra o abandono dos inmobles, o texto normativo busca a potenciación do patrimonio e a dinamización económica e demográfica Galicia poderá xestionar de forma máis eficaz a conservación do seu patrimonio inmobiliario a partir do 22 de maio. Ese día, entrará en vigor a Lei de Rehabilitación, a primeira deste tipo en… Leer más

En marcha o novo alumeado completo da rúa monfortina do Morín

• O aforro estimado polo Concello ronda os 7.000 euros anuais, cantidade equivalente a case o 71% da factura actual do consumo eléctrico neste tramo A finais do mes pasado, o Concello puxo en marcha a totalidade do novo alumeado da rúa do Morín, dende o cruce da rúa Doutor Casares coa da Coruña, e… Leer más

Ir a Inicio